Você está aqui: Entrada / Rede de Informação / RSS Regiões Vizinhas
RSS Regiões Vizinhas

RSS Regiões Vizinhas

Marta Míguez refírese ao piragüismo como un deporte que os galegos e galegas “adoptamos facéndoo noso e converténdoo nunha marca do noso país”

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-17.

Asegura que a Xunta de Galicia renova “un ano máis o compromiso co deporte galego en xeral e co piragüismo en particular”

A Vía da Prata acolle a primeira ruta ecuestre xacobea tras obter a homologación oficial da Real Federación Hípica Española

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-17.

A directora de Turismo de Galicia e a delegada territorial da Xunta en Ourense asistiron hoxe a este percorrido a cabalo entre os concellos da Gudiña e Laza

O Plan director do Camiño de Santiago propón accións como esta para diversificar os fluxos de peregrinos e especializar os diferentes itinerarios por modalidades

O Parque Monte do Gozo contará desde o próximo ano cunha zona de acollida para peregrinos a cabalo, unha das modalidades que permiten recibir a ‘Compostela’

Sanidade incide na necesidade de manter precaucións á hora de recoller e consumir cogomelos para evitar posibles intoxicacións

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-17.

A Consellería salienta que é fundamental saber distinguir con seguridade os exemplares comestibles antes de consumilos

Ante a dúbida á hora de identificar un cogomelo é mellor non apañalo

Ao cociñalos recoméndase gardar unha mostra no frigorífico porque en caso de intoxicación pode ser de utilidade para os profesionais sanitarios

O pasado ano rexistráronse sete ingresos por intoxicación accidental de cogomelos
 

Medio Ambiente emite o informe urbanístico e ambiental sobre a ordenación provisional do ámbito de Recaré en Vigo

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-17.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio remitiu esta mañá ao Concello de Vigo os informes elaborados polas direccións xerais de Ordenación do Territorio e de Calidade Ambiental

O informe recolle que o estudo presentado acredita o interese xeral, co que se permite o establecemento de medidas provisionais de ordenación urbanística

Trátase dun ámbito de solo urbano non consolidado, cun uso global terciario e unha superficie limitada de case 75.000 m2
 

A Xunta abre o prazo para inscribirse na bolsa de emprego temporal de bombeiros forestais e condutores de motobomba

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-17.

As solicitudes poderán cursarse do 2 ao 15 de xaneiro, ambos inclusive

As persoas interesadas deberán cumprir os requisitos de titulación esixida para cada categoría e superar unha proba de aptitude física
 

A vendima deste ano creceu un 3% situándose como a terceira máis abundante da última década

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-17.

A colleita ascendeu a máis de 61 millóns de quilos de uva de moi boa calidade en xeral, a pesares dos episodios de xeadas e pedrazo que padeceu o sector esta primavera

Predominaron as variedades brancas con máis de 52 millóns de quilos de uva, que representan o 85% do total colleitado, destacando a variedade albariña

Se analizamos os datos por denominacións de orixe, salienta Rías Baixas co 64,08% do total recollido con máis de 39 millóns de quilos
 

Educación destina medio millón de euros aos premios de innovación en formación profesional

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-17.

O orzamento deste ano case duplica ao dirixido na anterior edición a esta convocatoria, que ten por obxecto impulsar proxectos de innovación tecnolóxica, científica e didáctica nestas ensinanzas

A Xunta de Galicia reitera o seu compromiso coas persoas con discapacidade na celebración do 50 aniversario de Aspas

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-16.

O responsable da área social do Goberno galega avogou pola suma de esforzos entre administracións e coas entidades para abordar a discapacidade desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva

A administración autonómica mantén 131 prazas residenciais e diúrnas nos distintos centros que xestiona Aspas e nos que os usuarios e usuarias reciben unha atención integral e adaptada ás súas necesidades específicas
 

Marta Míguez celebra a “gran tempada” do club Amfiv e asegura que 2017 “se recordará durante moitos anos”

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-16.

Lembra a medalla de bronce acadada na Copa do Rei, a consecución do primeiro título europeo do club e tamén que “dentro de cinco días o Amfiv recollerá na Coruña o Premio Deporte Galego 2016 que o acredita como o mellor equipo de deportistas con discapacidade”

Ángeles Vázquez destaca o impulso dos grupos de desenvolvemento rural a prol da produción agroalimentaria local

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-16.

A conselleira do Medio Rural e a alcaldesa de Melide inauguraron a feira Manxares, que promociona os produtos que se dan nos concellos do GDR Ulla-Tambre-Mandeo

Sanidade destaca a importancia do diagnóstico precoz na fibrose quística

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-16.

A Xunta salienta a colaboración entre Galicia e Portugal para reforzar o crecemento económico e xerar emprego de calidade

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-16.

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe en Viana do Castelo no II Encontro dos investidores da diáspora, onde destacou a firme aposta por incorporar a Galicia, mediante instrumentos como a Lei de implantación empresarial, novos investimentos innovadores para xerar emprego de calidade

Cividanes subliña que Portugal é un dos principais socios comerciais da Comunidade galega, o segundo mercado tanto en importacións como en exportacións, só por detrás de Francia

Salienta a importancia da colaboración de todos os axentes potenciais, tanto institucionais como empresariais, dentro e fóra de Galicia, para xerar actividade económica e para incrementar as exportacións en mercados de todo o mundo

Feijóo afirma que a nova pista cuberta reforzará a presenza de Ourense no mapa europeo do atletismo

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-16.

Destaca que a pista conta cunhas instalacións coa tecnoloxía máis avanzada e que se converte nunha das tres mellores de España

Avanza que nesta pista celebrarase, durante os días 3 e 4 de marzo de 2018, o Campionato de España sub 20

Asevera que esta nova pista de atletismo, “a única pista cuberta homologada do noroeste español”, facilitará unhas instalacións ao máximo nivel de esixencia do atletismo europeo e reforzará o atractivo que ten o atletismo para moitos rapaces
 

O ‘Ano Pondal’ pecha na Coruña os actos conmemorativos arredor do autor do Himno de Galicia

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-16.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, encomiou a figura dun dos principais autores do Rexurdimento, así como o labor da Fundación que leva o seu nome por difundir e poñer en valor a súa obra

As axudas da Xunta facilitarán a instalación de 59 novos ascensores para dar servizo a un total de 434 vivendas

From RSS do Portal da Xunta de Galicia. Published on 2017-12-16.

O Goberno galego destinou 1,3 millóns de euros á primeira convocatoria de subvencións para a instalación de mecanismos de accesibilidade nas vivendas

A Xunta xa está traballando na convocatoria de 2018, que se publicará a comezos do próximo ano no Diario Oficial de Galicia

Os destinatarios das axudas son as comunidades de propietarios no caso de edificios residenciais colectivos e os propietarios de vivendas unifamiliares e dúplex

O importe da subvención, que é compatible con calquera outra destinada ao mesmo fin, é do 60 % do custe da actuación